Esta "G-Night" propón máis dunha decena de talleres científico-tecnolóxicos

O Citeni, no Campus Industrial de Ferrol, organiza a maioría delas con temáticas diversas por varias localizacións
Esta "G-Night" propón máis dunha decena de talleres científico-tecnolóxicos
Imaxe dunha visita escolar a un dos espazos onde se desenvolverá a iniciativa, a canle de ensaios hidrodinámicos | JORGE MEIS

A Noite Europea das Persoas Investigadoras chega esta semana a Galicia baixo o lema de “Conciencias crativas”, coincidindo co seu décimo aniversario. Esta iniciativa para o público xeral desenvolverase nas sete principais cidades. Entre elas atópase Ferrol, onde recalará este venres, e os interesados xa poden reservar praza.


Os centros de ensino de Primaria, Secundaria e Formación Profesional non son os únicos usuarios aos que se propoñen estas actividades divulgativas, que serán recibidos entre as 10.00 e as 14.00 horas. Despois, pola tarde, de 17.00 a 20.00, o programa dedicarase ao público familiar. A “G-Night”, o nome da iniciativa no territorio galego, propón un total de once obradoiros enfocados de xeito interactivo no concello, que se dedican aos principais campos de investigación que se estudan nesta cidade. 


As actividades repartiranse entre os edificios de Talleres e do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais –Citeni– onde se impartirán a maioría deles. Ademais, o programa tamén inclúe o centro cívico de Canido, onde se ofrecerá “Aprendendo Economía do día a día e Marketing”. Neste caso, que está organizado pola UDC, terá lugar 18.10 a 21.00 horas. A sede do Citeni acollerá un total de sete propostas relacionadas con temas como a aerodinámica de vehículos, os polímeros,  a robótica ou os raios láser.


Por outra parte, o edificio de Talleres, tamén localizado no Campus ferrolán, será o escenario para tres propostas diferentes. Estas nomeáronse “Taller de Robótica Intelixente”, “Obradoiro de Matemáticas” e “Unha viaxe do asfalto ao mar: ensaiando motores eléctricos e redes de pesca sen saír do laboratorio”. As persoas interesadas en realizar a inscrición nalgún dos obradoiros, así como en recabar máis información ao respecto, poden facelo directamente na páxina web gnight.gal/cidades/ferrol/

Esta "G-Night" propón máis dunha decena de talleres científico-tecnolóxicos

Te puede interesar