Festival Marola!, unha fusión de música e cultura ferrolá cun escenario icónico

Os Xardíns de Herrera serán o escenario para Faneka e TT Syndicate
Festival Marola!, unha fusión de música e cultura ferrolá cun escenario icónico
Faneka actuarán o domingo nos Xardíns de Herrera I CEDIDA

O Festival Marola! chega a Ferrol con gañas de unir os enclaves mais coñecidos da zona con grupos de música emerxentes.


A primeira edición de este evento aposta por fundir os Xardíns de Herrera, un dos poucos puntos do centro da cidade dende o que se pode ver o mar, coa actuación de TT Syndicate, unha agrupación portuguesa cun amplo repertorio, e Faneka, un grupo de folk progresivo. Tocarán sábado e domingo, respectivamente, a partir das 13:30 horas. 


Miguel Toval, de Embora, é a persoa que está ao frente desta idea e busca “a defensa e a promoción do patrimonio propio cun evento cultural e festivo”. Para os locais é unha forma de poderen reconectar có propio e, para todos aqueles que estén de paso, unha forma de coñecer máis a fondo a cidade.


Visita a Capitanía 


Este proxecto ven da man da Xunta de Galicia, Turismo de Galicia e Concello de Ferrol, e ten un aliciente máis.


Dende a organización incitan á participación no evento con dúas visitas guiadas a Capitanía, que normalmente ten tan só unha data dispoñible ao mes para este tipo de actividades.


Un total de corenta persoas  –vinte cada día– poderán acceder completamente de balde, co pase gratuíto, dispoñible en ATaquilla.


A visita terá unha duración de unha hora e cuarto, coa marxe necesaria para chegar aos concertos. A idea é xuntar o interese patrimonial e turístico coa música. Como explica Toval, “é a oportunidade de ver un espazo propio e moi interesante, ligado ao nacemento da cidade de Ferrol e no que se conservan moitas pezas que son de época”.


Unha fusión perfecta. A inmersión no propio, sen deixar de desfrutrar dun signo identitario da zona, como son as vermú

Festival Marola!, unha fusión de música e cultura ferrolá cun escenario icónico

Te puede interesar