A historia real dunha familia de golfiños cáptase en fotografías

A mostra atópase na casa da cultura de Valdoviño
A historia real dunha familia de golfiños cáptase en fotografías
As fotografías desta exposición son todas en branco e negro / JORGE MEIS

O cantautor e fotógrafo Marcos Mella inaugurou onte en Valdoviño a súa exposición “A arte dos golfiños”. As obras que alberga o conxunto agochan a experiencia real que sorprendeu ao artista mentres realizaba outras tarefas.

 

Mella atopábase inmerso nunha reportaxe fotográfica sobre a regata de embarcacións tradicionais na ría de Ferrol, cando 16 golfiños o rodearon durante 20 minutos. Esta familia foi captada a través de 200 imaxes, das que 25 estarán expostas na casa da cultura de Valdoviño. “A arte dos golfiños”, que vén de mostrarse no Torrente Ballester a mediados de abril, rexistra unha manda que foi obxecto de seguemento mediático e que rematou varando na Cabana

A historia real dunha familia de golfiños cáptase en fotografías

Te puede interesar