Fiada é a iniciativa de mediación cultural que acolleu a última representación de “vidAs asomadAs”, de Maquinarias Teatro, coa que a fin de semana estreaba o seu primeiro ciclo titulado “El círculo como forma de encuentro”.
Este mes de febreiro, a organización inaugurou as súas actividades cunha propostapara repetir nas próximas semanas, “Laboratorio creativo”. Á marxe destas citas, ás que se suma o obradoiro infantil “Entre lápices y pinceles”, aínda quedan outros tres encontros particulares que terán lugar os sábados no espazo localizado na estrada de Catabois 230.
O primeiro denomínase “Objetos sin contexto”, un taller creativo do que estarán a cargo os responsables de Fiada. A iniciativa desenvolverase o 15 de febreiro, ás 12.00 horas. A bailarina Cristina Moreno será a protagonista da seguinte sesión, "Fluir", que consistirá nunha peza de danza interactiva, o día 22, ás 20.00. Para rematar o programa mensual, o día 28 “Desde el sofá” ofrece micro abeto, de 18.00 a 20.00, e a partir das 20.30 horas, Silvia Carballeira ocupararse do obradoiro “Círculo lunar”. Os interesados pódense apuntar a través dun formulario nas súas redes sociais.