A investigación do Sputnik Labrego deriva nun libro que se presenta no Ateneo Ferrolán

“Ciudad de la Selva. Historia e arqueoloxía nos Montes de Casaio” é o título protagonista desta tarde de martes
A investigación do Sputnik Labrego deriva nun libro que se presenta no Ateneo Ferrolán
Público asistente a un dos encontros que acolle o Ateneo Ferrolán | JORGE MEIS

O Ateneo Ferrolán será o escenario hoxe martes da presentación do libro “Ciudad de la Selva. Historia e arqueoloxía nos Montes de Casaio”, coordinado por Carlos Tejerizo García e Alejandro Rodríguez Gutiérrez.

 

Esa “Ciudad de la Selva” foi un conxunto de campamentos da guerrilla anti franquista instalados nos montes de Casaio, en Carballeda de Valdeorras, unha zona montañosa pola que pasaron guerrilleiros míticos como Manuel Girón Bazán, Manuel Fernández Álvarez (Gafas) ou Francisco López Martinez (Quico). Este exemplar nace a partir da investigación do proxecto Sputnik Labrego, do que se pode obter máis información na súa web sputniklabrego.com.

A investigación do Sputnik Labrego deriva nun libro que se presenta no Ateneo Ferrolán

Te puede interesar