“El secreto de las hermanas Asorey” foi o anterior éxito da crítica e do público que achegou a autora Marta Estévez, que nesta ocasión presentará a obra “La tercera orilla”.
O evento terá lugar hoxe, ás 19.00 horas, na Central Librera da rúa Dolores, onde a escritora dará a coñecer outra saga familiar, que abarca tres períodos históricos e os espazos repártense entre os territorios de Galicia e Venezuela.