Maxia, música e cine integran a programación para este verán en Mañón

O escenario dunha das propostas cambia de localización
Maxia, música e cine integran a programación para este verán en Mañón
A cita do Mago Antón cambia de lugar e traslada o seu teatro ambulante sobre rodas | JORGE MEIS

A programación de verán do concello de Mañón continúa adiante con numerosas e variadas actividades, así como algún cambio na localización das mesmas.


Deste xeito, se este o protagonista é o cine ao aire libre coa proxección de “A todo tren 2” –22.00 horas–, mañá segue o programa coa presentación do libro de Daniel Beaz Paleo titulado “Museo do Mar, Ría do Barqueiro”, que se celebrará no centro sociocomunitario, ás 20.00 horas.


Xa o sábado será a actuación do Mago Antón e aínda que estaba prevista para a pista polideportiva do Porto de Bares, finalmente se realizará na Praza do Mesón, diante do Concello, no Barqueiro, onde aparcará o seu magomóbil, dende as 18.00 horas. Este mesmo día celebraranse as festas de San Mamede, nas Grañas do Sor. 

Maxia, música e cine integran a programación para este verán en Mañón

Te puede interesar