Os nenos e nenas volverán defender os libros de Ferrolisa

A iniciativa xa abriu inscricións para a segunda sesión, que será o xoves na biblioteca municipal
Os nenos e nenas volverán defender os libros de Ferrolisa
As sesións desenvólvense os xoves, con inscricións para cada unha | JORGE MEIS

O prazo para inscribirse nesta segunda parte da iniciativa, que se desenvolverá este xoves, xa está aberto. A través da personaxe de Ferrolisa, a proposta trata de fomentar o interese pola lectura entre os nenos e nenas, que deberán defender os libros da biblioteca municipal para que non se eliminen.


A historia radica na visita dunha personaxe, Ferrolisa, que avisou á profetisa maior da pertinencia de desfacerse dalgúns libros. As bibliotecarias queren loitar contra isto coa axuda dos maiores profesionais en literatura infantil, os nenos e nenas. As inscricións para esta cita, que terá lugar ás 17.30 horas, realízanse mediante un formulario en liña ao que se enlaza na páxina web da biblioteca ou accedendo directamente neste enlace.

Os nenos e nenas volverán defender os libros de Ferrolisa

Te puede interesar