A obra de Luísa Villalta combinouse con música no Día das Letras Galegas en Ferrolterra

A obra de Luísa Villalta combinouse con música no Día das Letras Galegas en Ferrolterra
Actuación na AAVV de Cobas polo Día das Letras | Jorge Meis

A zona rural de Ferrol concentrada na AVV de Covas acolleu hoxe o acto central da programación das Letras Galegas do Concello de Ferrol, no que participou o alcalde José Manuel Rey Varela, presidindo o evento que este ano homenaxea á escritora coruñesa Luísa Villalta, e no que participaron tamén membros de distintos grupos da corporación.

 

Letras 2
 


Na celebración, procedeuse á lectura da semblanza da escritora co acompañamento musical da rondalla de mulleres Santa Uxía de Mandiá, a rondalla Club de Campo e o Real Coro Toxos e Froles. 
“Desafortunadamente, Luísa Villalta deixounos de xeito prematuro con só 46 anos, pero tivo tempo a plasmar sobre o papel unha obra que perdura no tempo e que merece ser distinguida pola súa calidade e valentía”, expresou Rey Varela.

 

Letrs covas
 


O alcalde amosou a súa seguridade en que “aló onde estea, estará orgullosa de que a súa terra lle brinde este afectouso e profundo recoñecemento nesta destacada xornada”. 
Durante o acto, o alcalde recordou a figura doutro escritor clave, como é o ferrolán Gonzalo Torrente Ballester, a quen o Concello dedica este 2024 con motivo do 25 aniversario do seu pasamento. Rey Varela tivo tamén palabras de agradecemento para as agrupacións que puxeron música ao acto, “unha mostra máis do talento que temos na cidade e en Galicia”, concluíu.

 

Narón

Onde tamén tiveron unha inxente xornada de actividades foi no veciño concello de Narón, onde baixo o lema “N de Narón” celebráronse diferentes espectáculos e propostas dirixidas a un público familiar.
A Xanela do Maxín interpretou “De Castro a Vilalta” poñendo en valor a mulleres homenaxeadas no Día das letras Galegas ao longo do tempo. Ghazafellos subiu ao escenario a peza “A Illa sen tesouro”. A música non faltou na xornada, da man da Banda de Gaitas, o grupo de baile do Padroado e as cantareiras, xunto a xogos populares para os cativos.

 

Letras naron
 

 

Letras naron 2
 

 

Ares

O Concello de Ares continúa coa súa programación das Letras Galegas. Para mañá sábado, ás 12.00 horas, na rúa Solín, Alma Barrón conversará nun vermú con Pablo J. Rañales, sobre  súa primeira novela en galego: “Os afogados”, gañador do Premio Illa Nova de Narrativa 2023.

 

Neda

Este sábado, ás 11.30 horas, haberá un obradoiro infantil de escritura creativa, a partir dos versos de Luísa Villalta. Inclúese na oferta das Letras Galegas una mostra bibliográfica na biblioteca municipal.

 

As Pontes 

As Bandas Cultural, Xuvenil, Chorima e o Conxunto de Vento profesional ofrecerán maña pola tarde, no cine Alovi, un concerto das Letras Galegas. Será ás 18.00 horas.

 

Cedeira

Continúa Cedeira coa súa programación dedicada a Villalta cun espectáculo de poesía, música e videocreación, “Seis. Lorca en Galicia”, que terá lugar na tarde do sábado, ás 20.00 horas, no auditorio.

A obra de Luísa Villalta combinouse con música no Día das Letras Galegas en Ferrolterra

Te puede interesar