O Papiloma humano, a análise no Arquitecto Marcide

O Papiloma humano, a análise no Arquitecto Marcide
Un intre das xornadas, onte, no salón de actos do Marcide |J. Meis

Na tarde de onte tamén tiveron lugar as XIII xornadas  que organiza a Real Academia de Medicina de Galicia e o Servizo de Xinecoloxía e Obstetricia da Área Sanitaria de Ferrol, que se desenvolveron no salón de actos do Marcide. 

 

O obxectivo desta acción non é outro que optimizar a asistencia ás persoas con infeccións xenitais, anais e orofarínxeas como consencuencia do vírus do Papiloma Humano nesta área e fomentar así a prevención, vacinación, o diagnóstico e tratamento precoces. 


A xornada contou coa participación tanto de profesionais da saúde –Xinecoloxía, Cirurxía, Uroloxía e Otorrinolaringoloxía– e de Enfermaría do CHUF como doutros centros. 


Lembran desde a Área Sanitaria que os VPH (Virus Papiloma Humano) son virus ADN de dobre cadea, moi específicos do ser humano. 

 

Así, precisan que se describíron máis de 200 tipos, dos que aproximadamente 40 infectan o tracto xenital inferior. Desde o punto de vista clínico estes virus clasifícanse segundo sexan de alto risco oncoxénico e de baixo risco. Así mesmo, algúns destes tipos de alto risco causan o 70% dos cancros cervicais uterinos, o 90% dos cancros anais, o 70% dos vaxinais, o 40% dos de vulva, o 50% de pene ou o 65% dos epidermoides orofarínxeo. Outros xenotipos son os responsables do 90% dos condilomas acuminados, papilomas larínxeos e outras infeccións.

O Papiloma humano, a análise no Arquitecto Marcide

Te puede interesar