Traballadores do CAMF de Ferrol seguen “esperando que o Imserso dea unha solución” a un problema organizativo que suma anos, como subliñan desde o Comité de Empresa. Aseguran que o pasado día 11 de maio tiña que incorporarse un novo xestor no centro que non se presentou ao seu posto.
Lembran que desde marzo a nova Dirección do Imserso nomeou unha comisión xestora. “Pero cal é a nosa sorpresa cando vemos que pretenden xestionar o centro, acudindo unha mañá cada sete ou quince días e tentando delegar a súa responsabilidade nos traballadores”.
Sosteñen que o máis triste de todo este descontrol “é que tratamos cunha Xestora inoperante que está cercenando os dereitos das persoas usuarias e do persoal, ao que pretenden culpar da súa desorganización, que leva semanas sen aparecer e non soluciona nada”. Isto débese, din, “a nefasta xestión, que obriga a estar durante o mes de xuño sen persoal de enfermería na quenda de noite”. Así, aseguran que volverán “recorrer ao Sergas en caso de necesidade extrema”.