Peter Punk ofrece o seu espectáculo “Con lingua propia” en Artábria

O encontro, con entrada libre até completar o aforo, contará con petiscos a prezos populares
Peter Punk ofrece o seu espectáculo “Con lingua propia” en Artábria
O artista nunha actuación en Igrexafeita, San Sadurniño | CEDIDA

Un dos pallasos máis solicitados no panorama actual da comarca é Peter Punk, que se achegará o mañá venres, ás 19.00 horas, ao centro social Artábria para exhibir o seu espectáculo “Con lingua propia”.

 

Nesta proposta, o protagonista non agocha as súas intencións e anima a adoutrinar aos máis pequenos da casa antes de que cheguen outros a facelo. A actuación ofrécese con entrada libre até completar o aforo, acompañada de petiscos a prezos populares.

Peter Punk ofrece o seu espectáculo “Con lingua propia” en Artábria

Te puede interesar