A Policía Local de Narón investiga un accidente entre un tractor e dous turismos en Xuvia

A Policía Local de Narón investiga un accidente entre un tractor e dous turismos en Xuvia
O tractor quedou cruzado na estrada de Castela, provocando retencións | Cedida

A xornada de hoxe foi especialmente nefasta nas estradas da comarca, onde se rexistraron ata tres accidentes de tráfico que, por fortuna, saldáronse sen feridos. O primeiro deles tivo lugar pouco antes das dúas da tarde no barrio naronés de Xuvia, onde un tractor colisionou contra dous vehículos que circulaban en sentido contrario.


A Policía Local de Narón continúa investigando o suceso, pero todo apunta a que, por motivos que de momento se descoñecen, a maquinaria agrícola, que circulaba pola estrada de Castela, invadiu o carril oposto, provocando a aparatosa colisión. Ata o lugar do incidente trasladáronse os profesionais do Speis e a Policía Local e, afortunadamente, non se rexistraron feridos.


O segundo incidente tivo lugar apenas unha hora despois, minutos antes das tres da tarde, na parroquia de Laraxe, en Cabanas. Neste caso tratouse dunha colisión entre dous turismos e polo menos dúas persoas tiveron que ser atendidas –pero non trasladadas ao hospital– polos servizos sanitarios.


Finalmente, sobre as 15.55 horas tivo lugar unha saída de vía á altura do kilómetro nove da AC-566. Neste caso non houbo feridos, pero o 061 tivo que asistir a un home cunha crise nerviosa. 

A Policía Local de Narón investiga un accidente entre un tractor e dous turismos en Xuvia

Te puede interesar