O pregón das festas de Ferrol correrá a cargo da cineasta ferrolá Chelo Loureiro

O pregón das festas de Ferrol correrá a cargo da cineasta ferrolá Chelo Loureiro

As festas de Ferrol, que comezan este mesmo sábado e se estenderán até final de mes, xa contan con todos os detalles para a súa celebración. O único aspecto que faltaba por concretar era a persoa responsable de dar o pregón no día inuagural, que acaba de ser anunciado esta mañá na casa consistorial.

 

A produtora e directora cinematográfica Chelo Loureiro, que gañou o  último dos seus catro Goyas pola súa curtametraxe de animación "To bird or not to bird" e que hai ven pouco recibía o recoñecemento de Diario de Ferrol pola súa traxectoria cultural, con motivo da celebración do cuarto de século do xornal, será a pregoeira, que ofrecerá o seu discurso de apertura o sábado, ás 19.30 horas, na Praza de Armas. Previamente, ás 19.00, celebrarase a recepción da pregoeira no Concello. Tratarase dunha intervención que dará paso ao concerto de Cadena 100, que achegará a esta localización as actuacións de Depol, Melocos, Paula Matheus e David Otero.

 

“Chelo é todo un referente na nosa cidade, tanto no ámbito cultural como no da comunicación”, expresou o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, que deu conta da honra que supón esta colaboración, lembrando os catro premios Goya que acumula, ademais de desexarlle máis éxitos na súa carreira.

 

O pregón das festas de Ferrol correrá a cargo da cineasta ferrolá Chelo Loureiro

Te puede interesar