Os premios Concepción Arenal e Enxeñeiro Comerma imparten hoxe as súas conferencias

O acto de entrega será este venres ás 19.00 horas no Torrente Ballester
Os premios Concepción Arenal e Enxeñeiro Comerma imparten hoxe as súas conferencias
Reunión do xurado a finais do ano pasado I Concello de Ferrol

Bruno Casal, profesor titular do Departamento de Economía da Universidade da Coruña, será hoxe o primeiro en expoñer o traballo co que conseguiu o premio Concepción Arenal de Ciencias Xurídicas que organiza o Concello de Ferrol. “El coste social de la soledad no deseada en España” é o título do ensaio e tamén da conferencia, que se impartirá no salón de actos do Campus Industrial de Ferrol ás 17.00 horas. 


Despois, ás 18.30 horas, collerán a remuda as gañadoras do premio Enxeñeiro Comerma no ámbito das Artes e as Humanidades. Trátase de “A tradución nas marxes como reivindicación das mulleres galegas a través de Ruth Matilda Anderson”, da licenciada en Tradución e Interpretación Alba Rodríguez. Tamén exporá o seu traballo a doutora en Historia da Arte Yolanda Barriocanal, que asina un estudo titulado “Las reformas arquitectónicas en los monasterios del císter de Galicia, tras su ingreso en la congregación de Castilla por el maestro Juan de Cerecedo “El Viejo” y los aparejadores de su círculo”. 


Mañá venres, ás 12.00 horas, é a quenda dos premios Antonio Usero de Ciencias da Saúde, que gañaron Pedro Medina, catedrático da Universidade de Granada, con “Los micro arns como actores en el desarrollo tumoral”, e Pablo Prego, doutor en Ciencias Forenses pola Universidade de Alcalá, con “Salud pública y vigilancia epidemiológica de violencia sexual facilitada por drogas en contextos de fiesta juvenil”. 


A cerimonia de entrega destes tres galardóns celébrase esa mesma tarde, a partir das 19.00 horas, no auditorio do Centro Torrente Ballester. 

Os premios Concepción Arenal e Enxeñeiro Comerma imparten hoxe as súas conferencias

Te puede interesar