O Ateneo Ferrolán será o espazo da presentación desta tarde de venres, ás 19.00 horas, realizada por parte do propio autor, Rodrigo Costoya, da novela histórica “La última Reliquia”.
O autor é profesor no Rosalía de Castro e un dos grandes divulgadores da teoría do Colón galego, da historia de Compostela e do Camiño. Ademais, é colaborador en diversos medios de comunicación e activista cultural que organizou numerosos eventos literarios.