Este sábado en Artábria vén cargado de actividade, que comeza presentando "Runrún"

O concerto de Exquisitos Ghipes de Merda pecha a xornada pola noite
Este sábado en Artábria vén cargado de actividade, que comeza presentando "Runrún"
Unha das propostas deste ano na asociación cultural | DANIEL ALEXANDRE

A asociación cultural Artábria ten preparadas diversas actividades para este mes de decembro, comezando por tres citas que se desenvolverán o sábado.

 

En primeiro lugar, a naronesa Ana Varela presentará o seu último libro, “Runrún”, ás 12.30 horas. Precisamente será esta obra a protagonista da vindeira sesión do club de lectura, ás 16.30, que contará coa presenza da autora. A participación nesta última reunión é libre, coa única condición de ter lido o libro. Para rematar a xornada, ás 22.00 horas terá lugar o concerto do cuarteto Exquisitos Ghipes de Merda, con taquilla inversa.

Este sábado en Artábria vén cargado de actividade, que comeza presentando "Runrún"

Te puede interesar