A segunda edición do "Dia da criança galegofalante" celébrase en Canido

O encontro desenvolverase durante toda esta xornada de sábado
A segunda edición do "Dia da criança galegofalante" celébrase en Canido
A edición do ano pasado tamén se celebrou neste espazo | JORGE MEIS

A asociación cultural Artábria organiza outra edición do "Dia da criança galegofalante", un evento que pretende visibilizar que en Ferrol continúa habendo pequenos e pequenas que falan galego, a un tempo de reivindicar o dereito a crecer nesta lingua.

 

O centro cívico de Canido acollerá esta cita, a partir das 12.00 horas, que contará con xantar e pregón de Sabela Díaz, aparte de numerosos artistas ao longo de toda a xornada. Algúns deles son o grupo Encrucillada, á 13.15; o Meigo Simón, ás 17.00, con "Viagem no tempo através da magia", ou Mondra, ás 18.00, con "Cantares e conversas".

A segunda edición do "Dia da criança galegofalante" celébrase en Canido

Te puede interesar