O centro cívico de Canido acolleu este sábado a segunda edición do Día da criança galegofalante, unha xornada que procura a visibilidade e a reivindicación do dereito a medrar en galego.
As actividades comezaron ás 12.00 horas coa sesión vermú a cargo de Emma e Nélida, que fixeron versións dos poemas de Rosalía de Castro. Logo foi a quenda de Encrucillada e houbo tamén tempo para xogos cos máis pequenos.