A Sinfónica de Galicia ofrece un concerto baixo a batuta de Giancarlo Guerrero

As entradas xa están á venda na web da Sociedade Filarmónica Ferrolana
A Sinfónica de Galicia ofrece un concerto baixo a batuta de Giancarlo Guerrero
Unha das actuacións da agrupación, en outubro, tamén no Auditorio de Ferrol | DANI ALEXANDRE

Os espectáculos previstos para esta tempada da Sociedade Filarmónica Ferrolana continúan este xoves, ás 20.30 horas, no Auditorio de Ferrol, coa actuación da Orquesta Sinfónica de Galicia, que corresponde ao concerto número 617.

 

Esta agrupación presentará un programa con seis autores de renome e estará dirixida por Giancarlo Guerrero. Os compositores dos que se interpretarán as súas obras son Shostakóvich, Dvorak, Mozart, Giménez, Rossini e Chaikovski.

 

Para os socios da entidade interesados en asistir, ponse a disposición un autobús dende Correos ás 20.00, así como ao remate do concerto. As entradas xa están dispoñibles na renovada páxina web filarmonicaferrolana.gal, a varios prezos diferentes. Trátase dun evento que conta coa colaboración do Concello e da Deputación. 

A Sinfónica de Galicia ofrece un concerto baixo a batuta de Giancarlo Guerrero

Te puede interesar