“Os tres porquiños” darán continuidade ao programa Apego no Antigo Hospicio

O último encontro focalizou na ciencia coa Xanela do Maxín e esta vez tócalle a quenda a Migallas Teatro
“Os tres porquiños” darán continuidade ao programa Apego no Antigo Hospicio
A última cita de Apego celebrou o Día da Ciencia en Galego coa Xanela do Maxín | DANI ALEXANDRE

Migallas Teatro será a compañía encargada de seguir este martes, ás 18.30 horas no Antigo Hospicio, o ciclo Apego, que conta coa colaboración do Concello a través do Plan de Normalización Lingüística.

 

O espectáculo será “Os tres porquiños”, dirixido ao público familiar e a bebés a partir de seis meses, que mestura monicreques, teatro, xogos tradicionais e música en directo. A entrada a esta proposta cultural é libre até completar a capacidade do local.

“Os tres porquiños” darán continuidade ao programa Apego no Antigo Hospicio

Te puede interesar