“Unha obra unha mirada” de Cerdido achega as creacións de Rosalía Vieira

“Unha obra unha mirada” de Cerdido achega as creacións de Rosalía Vieira
Un dos exemplos das figuras de animais que destacan na mostra | CEDIDA

A Casa do Concello de Cerdido acolle todos os meses unha exposición diferente que pon en valor aos artistas locais, e nesta ocasión focaliza nos novos talentos. Superado o ecuador de xuño, quedan dúas semanas para contemplar a obra da rapaza de 12 anos, Rosalía Vieira Bustabad.


Este mes, a aposta do Concello para o programa expositivo “Unha obra, unha mirada” inclúe diversos cadros de debuxos elaborados con temática variada. Algúns dos exemplares que se mostran inclúen representacións que nalgúns casos foron elaboradas dende puntos de vista de marcado carácter realista e noutros adoptáronse perspectivas máis fantásticas.


Aínda que non son as únicas, entre todas as pezas destaca a presenza de figuras de animais, coma por exemplo varios paxaros ou distintos cuadrúpedos, que en ocasións se combinan co universo imaxinario, llegando a realizar fusións entre seres.


“É un auténtico pracer ver como sae á luz a creatividade e o bo facer dos artistas da nosa contorna”, indicou a concelleira de Cultura, Amalia Rodríguez, que engadiu que, con esta iniciativa “axudamos así a mozos e mozas con talento, que como o caso de Rosalía, vemos que teñen un gran potencial desde moi novos”. 

“Unha obra unha mirada” de Cerdido achega as creacións de Rosalía Vieira

Te puede interesar