“Xuventude Crea 2024” incorpora novas disciplinas como a de DJ

O prazo para anotarse no concurso, con 16 categorías, remata esta semana
“Xuventude Crea 2024” incorpora novas disciplinas como a de DJ
A cociña é unha das modalidades que se manteñen de anteriores edicións | CEDIDA

Este xoves remata o prazo para participar no certame “Xuventude Crea 2024”, que nesta edición conta con 16 categorías diferentes, entre as que se atopan as novas incorporacións de DJ e creación de contido. Na especialidade de música haberá un premio especial para o xénero clásico, de 1.000 euros.


As modalidades de artes plásticas, fotografía, moda, deseño de xoias, arte urbano, música, cociña, videocreación, banda deseñada, novela curta, creación de videoxogos, poesía e danza continúan do mesmo xeito que o ano pasado. Os tres primeiros recibirán 2.000, 1.500 e 1.000 euros, aparte de certas axudas a finalistas. 


Por outro lado, a categoría de teatro dividirase en dúas pólas, Amador e Pro, cos seus respectivos premios económicos. No primeiro caso, destínase a grupos xuvenís de centros de Secundaria, afeccionados ou escolas municipais, entre outros. O segundo, está orientado a compañías de recente creación, profesionais emerxentes e grupos procedentes da Escola. 

“Xuventude Crea 2024” incorpora novas disciplinas como a de DJ

Te puede interesar