“Diagnosticando a igualdade” é a proposta de narración oral, contos e cantigas que achegará Caxoto Díaz á biblioteca do Barqueiro, no concello de Mañón, este venres ás 18.00 horas.
Os interesados en participar neste espectáculo dirixido ao público familiar e infantil, de 4 a 10 anos, deberán anotarse presencialmente no propio centro, por teléfono no número 669 204 529 ou a través do correo biblioteca@manon.es. Trátase dunha peza de 60 minutos de duración, que está incluída no programa de animación á lectura “Ler Conta Moito”, da Xunta de Galicia, así como no marco da campaña municipal do 25N.