Loita Amada presenta o seu último álbum e tres novos integrantes do equipo

A cita, que terá lugar no Bar Queiro, enmárcase nunha xira a piques de rematar
Loita Amada presenta o seu último álbum e tres novos integrantes do equipo
A formación ao completo coas recentes incorporacións | IVÁN BARREIRO

Un dos grupos musicais máis revolucionarios da escena galega dará un concerto este sábado, a partir das 23.11, no que se presentarán os seus cambios máis recentes. Este horario non podía ser outro que o do local O Bar Queiro, en Mañón, que desta volta propón a actuación de Loita Amada, co seu particular son que transiciona dende a muiñeira até o rock máis contundente.


Jásper, Amós Varela e Xiana Novo constitúen o núcleo veterano do grupo, ao que se suman o baixista Alberte Fernández, o guitarrista Davide Salgado e a trompetista Ana Novo. Esta nova formación de Loita Amada xorde a piques de rematar unha intensa xira inaugurada en febreiro, no que O Bar Queiro será a súa penúltima parada. Así, o escenario rockeiro por excelencia no municipio constituirá o primeiro da provincia no que se estreen as incorporacións.


“Rematou o Simulacro” é o traballo que está dando a coñecer a agrupación, no que a forza do rock e a tradición mestúranse coa canción protesta galega. Aínda así, o seu primeiro disco, “Viva a Loita Amada Revolucionaria!”, continúa guiando os pasos da banda cara a reflexión sobre a liberdade, o amor polas raíces propias e a busca dun futuro máis xusto. 

Loita Amada presenta o seu último álbum e tres novos integrantes do equipo

Te puede interesar