A performance “VidAs asomadAs” volve a escena, desta vez en Mugardos

O encontro con Maquinarias Teatro vén da man da Asociación Cultural Apelón Educación
A performance “VidAs asomadAs” volve a escena, desta vez en Mugardos
A peza representouse o mes pasado en Sarao Studio da man da iniciativa de mediación cultural Fiada | JORGE MEIS

A compañía Maquinarias Teatro propón a terceira interpretación da performance “vidAs asomadAs” dende que viu a luz con motivo do festival Ilustración-Arte.

 

As creadoras e actrices Helga Méndez e Eugenia Sanmartín están á fronte desta peza, que se exhibirá o venres ás 19.30 horas no Casino Mugardés, baixo a organización da Asociación Cultural Apelón Educación. Na proposta, as protagonistas encarnan a catro mulleres vinculadas co Antigo Hospital de Caridade, que hoxe corresponde ao Torrente Ballester de Ferrol.

A performance “VidAs asomadAs” volve a escena, desta vez en Mugardos

Te puede interesar