San Valentín festéxase en familia no Centro de Caldoval co taller “As frechas de Cupido”

A proposta, que terá lugar o venres, precisa inscrición previa
San Valentín festéxase en familia no Centro de Caldoval co taller “As frechas de Cupido”
Imaxe do último obradoiro do ano, neste caso sobre gladiadores | JORGE MEIS

O primeiro obradoiro especial deste ano para celebrar San Valentín no Centro de Interpretación de Caldoval terá lugar este venres 14, ás 17.30 horas. Trátase da proposta titulada “As frechas de Cupido”, polo protagonismo que terá no encontro este deus romano.


A iniciativa diríxese a familias con nenos e nenas a partir de 6 anos, co obxectivo de dar a coñecer a historia da mitoloxía romana sobre Cupido, que non só lanzaba frechas de amor senón tamén de desamor. Neste taller, que se ofrece totalmente de balde, os participantes fabricarán as súas propias frechas e arco. Os interesados deberán anotarse contactando co 687 072 116 ou info@museocaldoval.gal

San Valentín festéxase en familia no Centro de Caldoval co taller “As frechas de Cupido”

Te puede interesar