"Arrugas" dá continuidade ao cinema gratuíto no Pazo da Cultura

A iniciativa propón películas de animación todos os mércores
"Arrugas" dá continuidade ao cinema gratuíto no Pazo da Cultura
Imaxe da primera película do programa, "Fantástico Sr. Fox", dirixida por Wes Anderson | DANIEL ALEXANDRE

“Arrugas”, unha obra de Ignacio Ferreras, é o próximo título que inclúe o cartel da iniciativa “Cine de Animación”, que propón o Concello de Narón en colaboración co Cineclube Serie B para todos os mércores.

 

A proxección desta semana, que está dirixida a todos os públicos, comezará ás 20.00 horas no Pazo da Cultura. Trátase dun filme baseado na novela gráfica homónima de Paco Roca, que gañou o premio Goya á Mellor Película de Animación e Guion Adaptado.

"Arrugas" dá continuidade ao cinema gratuíto no Pazo da Cultura

Te puede interesar