“Caxoto: grandes éxitos 2004-2024” é a proposta de narración oral e música que chegará ao concello de Narón este sábado, ás 11.00 horas. Os interesados deberán inscribirse nesta actividade, dirixida ao público familiar e maiores de 4 anos.
A biblioteca municipal será o escenario para o repaso, tal como indicou onte a concelleira de Cultura, Olga Ameneiro, de dúas décadas de traxectoria de Caxoto, percorrendo os seus contos, cantigas e xogos por toda a Comunidade. No evento, destaca a parte máis musical, que se presenta nunha sesión participativa e festiva, con cantigas tradicionais e bailes, entre outros. As inscricións realízanse na Biblioteca ou no 981 382 173, no horario de apertura, e os nenos e nenas deberán ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.