O programa do Pazo da Cultura volve este sábado ao eido da música tradicional co grupo Os do fondo da barra, que naceu no seo da veterana asociación cultural Xacarandaina, cuxas cantareiras tamén actuarán na sede do Toxos e Froles. No concerto de Narón, os doce integrantes presentarán o seu primeiro disco, “Banzo”.
Estes protagonistas veñen de percorrer, xa sexa en solitario ou acompañando ao grupo de baile, boa parte da península, ademais de participar en festivales do extranxeiro e obter numerosos premios e recoñecementos por todo o mundo.
O repertorio que presentarán fíxose realidade despois dun extenso traballo de recompilación de cantigas por toda a Comunidade, que queren levar a cabo da forma máis rigorosa posible para ser transmisores da arte popular de Galicia.