A importancia das abellas apréndese con Trémola Teatro en Narón

Os interesados deberán reservar a súa praza presencialmente ou por teléfono
A importancia das abellas apréndese con Trémola Teatro en Narón
A historia parte da premisa de que a meiga protagonista prefire unha abella a un gato | CEDIDA

Trémola Teatro achegará o sábado ás 11.00 horas á biblioteca municipal naronesa a obra “Bruxa e abella”, un espectáculo contacontos dirixido a nenos a partir de 3 anos para que aprendan a importancia destes insectos polinizadores.

 

Os interesados en asistir a esta proposta deberán reservar praza, para o que se abren as inscricións este mesmo martes, que se poden realizar de xeito presencial no centro ou chamando ao teléfono 981 382 173.

A importancia das abellas apréndese con Trémola Teatro en Narón

Te puede interesar