As escolas de teatro infantil e de adultos ofrecen algunhas prazas en Neda

Os responsables volverán ser Marián Rey, fundadora de Teatro Calavera, e Agustín Bolaños, que lidera O Catre Teatro
As escolas de teatro infantil e de adultos ofrecen algunhas prazas en Neda
Os menores participaron o ano pasado nun certame da Deputación | CEDIDA

Os grupos municipais de teatro infantil e xuvenil, así como de adultos, volverán contar como mestres e directores con Marián Rey e Agustín Bolaños, profesionais cunha recoñecida experiencia no sector. Estes colectivos xa están consolidados, aínda que pode quedar algunha vacante libre para quen estea interesado.


O salón de actos da Casa da Cultura de Neda volverá ser o escenario para as prácticas dos afeccionados á interpretación. Trátase dunhas agrupacións que se veñen propoñendo dende hai sete anos para fomentar a creatividade e o gusto pola dramaturxia.


A fundadora da compañía Teatro Calavera, Marián Rey, volverá encargarse do elenco infantil e xuvenil, que está aberto a nenos e nenas de até 16 anos como máximo, divididos en dous grupos por idade. Por outra parte, o taller de teatro para adultos seguirá contando tamén co mesmo mestre, o actor, director e distribuidor Agustín Bolaños, que actualmente atópase encabezando O Catre Teatro.


Nos dous casos, as clases desenvolveranse os mércores. Os grupos, que xa están consolidados, ensaiarán entre as 17.00 e as 19.30, no caso dos máis pequenos. A partir desta hora e até as 21.00, será a quenda dos maiores. Os interesados poden consultar as súas posibilidades no teléfono 981 390 233

As escolas de teatro infantil e de adultos ofrecen algunhas prazas en Neda

Te puede interesar