Difícil e complicada solución (I)

ai uns días na praza de Armas de Ferrol concentrábanse un bo numero de persoas en demanda da abolición da prostitución. Un tema complicado de solucionar, onde as diferentes posturas que desde fai moito tempo existen, para quen escribe este artigo, no acabarían ningunha delas co problema tan terríbel, de que haxa sobre todo mulleres, que teñan que vender o seu corpo quer forzadas quer de xeito “voluntario” para gañarse a vida.

Xa desde vai tempo, o negocio da prostitución deixou de ser algo local, para ser un negocio internacional. Preto de 5 millóns de persoas traballan no negocio da prostitución no planeta, xerando uns beneficios (na súa gran maioría exentos de pagar impostos, por ser un negocio que esta invisibilizado), de cerca dos 7 billóns de dólares. Estas mafias de proxenetas, non teñen ningunha responsabilidade nin laboral, nin fiscal etcétera co cal, estamos ante un negocio redondo para estes depredadores. Un informe encargado polo senado español no 2007, conclúe, que hai unha prostituta por cada 38 homes. Homes que gastan aproximadamente, preto dos 50 millóns euros todos os días, supoñendo para os propietarios deste clubs, que unha prostituta lles xere un beneficio ao ano de case 50.000 euros.

Tamén cómpre sinalar, que é curioso que despois de tantos anos de políticas de igualdade nos países máis desenvolvidos, o tema da prostitución, o tema do sexo, ten unha lectura diferenciada quer se é home quer se é muller Aínda hoxe en día, aos homes permítesenos e da se como normal, ter a opción do sexo de pago . Porque a sociedade é tan hipócrita, que ao mesmo tempo que estigmatiza a prostituta, chegando esta a poder sufrir a exclusión social, ao mesmo tempo repito o home que desfruta dos servizos das prostitutas, pode presumir e alardear disto, no seu ambiente diario, sen ser xulgado socialmente

Porque é relevante, que no tema da prostitución, son as mulleres as vítimas, as que levan a parte mais desagradábel do negocio, mentres os homes son os consumidores e os proxenetas.

Ao meu entender so remataríamos ou máis ben, volveriamos residual o anecdótico a existencia de mulleres que vense forzadas ou de xeito “voluntario” a vender os seus corpos, con educación, co fin do patriarcado e instalación de unha sociedade de tu a tu onde non houbese nin homes nin mulleres senón seres humanos. Porque ao mellor todo comeza por isto. Deixar de por categorías, é dicir; deixar de categorizar. Máis tamén con un cambio de sistema, xa que estamos a comprobar que o capitalismo, está a condenar a moitas mulleres no planeta, a ter a necesidade de pórse nas mans de mafias, para vender os seus corpos e deste xeito, poder sobrevivir neste sistema quer atroz quer salvaxe e deshumanizado como é o sistema económico dominante

Difícil e complicada solución (I)

Te puede interesar