Enigmas

proveitando esas horas centrais do día, case tropicais, coas que, non sei se para ben ou para mal, nos está a obsequiar a natureza, fun dar un sosegado paseo sen outra finalidade que a de tomar unha raiola e estirar un pouco as pernas. Nas proximidades da praza de Lugo -que, afortunadamente, non estaba a rebentar como é habitual nas últimas semanas- atopei un vello coñecido, profesor de matemáticas na secundaria, que andaba a facer algo parecido. Xa que logo, fomos na procura dun banco, afastado do mundanal barullo, onde sentar para lle botar unha parrafada. -E que me dis da última? preguntoume, mentres me amosaba no móbil un correo do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade felicitándolle o Nadal, sic. E continuou: -Imos deixar o do nadal -aínda que non acreditemos na ciencia ficción nin nas vidas noveladas-, pero non o da cuestión do idioma. Sempre pensei que os docentes en Galicia tiñamos que ter un mínimo de coñecemento do idioma do país e se isto, en boa lóxica, é así, a conto de que nos envía dúas tarxetas virtuais, unha delas en español? -The answer is blowin’ in the wind?, foi o que me veu á cabeza.

Enigmas

Te puede interesar