Segundo o portal de novas da ONU, no seu boletín do 18 de maio deste 2022, o cambio climático volveu a bater rexistros por terra, mar e aire. A ONU comunica que os catro indicadores da situación do noso clima (as concentracións de gases de efecto invernadoiro, o nivel do mar, a temperatura dos océanos e a súa acidificación)volveron a bater rexistros históricos no 2021. O informe do estado do clima mundial do 2021 da axencia de nacións unidas conclúe, que os derradeiros sete anos foron os máis cálidos desde que se fan rexistros mundiais. A temperatura media foi de 1.11 grados por encima de niveis pre-industriais no 2021, a pesar do fenómeno da nena que tivo lugar a principio e ao final do ano e que arrefrió as temperaturas. Nacións Unidas fala de milleiros de millóns de dólares de perdidas na economía, xunto con perdidas de vidas e dificultade para acceder á alimentos e auga doce para unha parte importante da poboación. Seguindo en Nacións Unidas, o 20 de maio de 2022 publicaba no seu portal de novas, que un 35% da superficie europea no 2070 vai estar sometida a un gran estrés hídrico. Ademais a nivel mundial, cada grado centígrado de aumento da temperatura media provocado por el quecemento global, vai supor unha diminución dun 20% dos recursos hídricos renovábeis, ademais de afectar a un 7% de poboación adicional. A rexión paneuropea que abarca diferentes climas, desde árido ou semiárido de Asia, o frío e rico en auga do norte de Europa e o subtropical do mediterráneo xunto co atlántico, vai estar en serios problemas segundo a OMS e a comisión económica de nacións unidas para Europa. Estes problemas van, desde o dano nas infra-estruturas de auga e sumidoiros, degradación das concas hidrográficas, cambio dos patróns de consumo por mor da calor, os vertidos dos residuos, a calidade das augas etcétera. Moitos destes problemas están a darse xa no presente, como as secas desde fai anos no estado español e ultimamente tamén na Galiza, que non poden asegurar a subministración de auga doce ou problemas nos países baixos, que están xa hoxe en día a padecer este mesmo fenómeno causado pola seca.
Porque o desastre medio ambiental que esta a sufrir o planeta, está provocado fundamentalmente e exclusivamente polo excesivo consumo das nosas sociedades, as cales representan soamente a un 20% da humanidade. Un consumo promovido polo sistema capitalista, o cal está a provocar, que case 30 millóns de persoas tivesen que desprazarse sobre todo en Asia e Africa subsahariana por culpa do cambio climático no ano 2021. E termos que falar de desprazadas, non de refuxiadas, xa que, segundo a convención de xenebra do ano 1951 di:
Refuxiado é: Persoa que vese obrigada a cruzar unha fronteira por medo a ser perseguida, por motivos de raza, nacionalidade, relixión, opinión política ou pertenza a grupo social
Mentres que a OIM organización internacional de migracións di:
Migrantes climáticos son: Os migrantes por motivos medio ambientais son persoas que, debido a cambios repentinos e graduais no medio ambiente, os cales inciden negativamente nas súas condicións de vida, desprázanse de xeito temporal ou permanente, a outras partes do seu propio pais ou fora do mesmo.
A escaseza do auga, as secas permanentes e a progresiva desertificación, están a producir fames negras e están a xerar e afondar conflitos xeo estratéxicos, conflitos xeo-políticos.
E mentres na Galiza que estamos a facer para combater o Kaos medio ambiental que esta a sufrir o planeta?. Pois desde o goberno galego nada, como estamos a ver cos derradeiros sucesos de fai uns días. Refírome aos lumes, produto de un monte que é unha autentica pirocténia, ademais de un rural semi-abandoado polas autoridades galegas, xunto coa falta de prevención e mantemento que dos nosos bosques faise. Máis medios aéreos, máis motobombas, máis persoal, máis vídeo vixilancia, máis formación a veciñanza é dicir: máis negocio para as amizades do PP. Todo isto aprobado no consello da Xunta do 2 de xuño deste 2022 senón me trabuco. Como dicían as nosas maiores “Falar non ten cancelas”
Porque esta vaga de lumes, que poden cualificarse como un novo “Prestige” en versión interior, en versión terra a dentro, lumes que poden verse desde a estación espacial internacional, como reflicten as imaxes da NASA, estaba claro que máis tarde ou máis cedo ían pasar por mor do cambio climático e a excesiva eucaliptización dos nosos bosques, que converten estes nunha autentica bomba de reloxería, xunto co despoboamento interesado do goberno galego do noso rural. Perto dun metro cadrado de cada 5 da superficie galega e eucalipto. Segundo a principal organización ecoloxista do noso pais Adega, perto de 600 mil hectáreas do territorio son eucalipto. É dicir máis bosques de eucaliptos que bosques nativos da Galiza. E todo para favorecer os intereses de unha industria pasteira e dos taboleiros madrileña, que esta a converter os nosos bosques, en terras infértiles, sen produción sostíbel medio ambientalmente, prolongada no tempo e favorecendo o despoboamento do rural, para que non haxa testemuñas desta desfeita eucaliptizadora, sometendo ao noso bosque, a ser unha pura e dura maquina de facer cartos dos oligarcas madrileños.
Recuperar os ecosistemas danados pola vaga de lumes, (cabe sinalar que nos derradeiros 45 anos ardeu un 56% do territorio galego , sendo o noso país o territorio europeo con maior densidade de incendios) recuperar os usos sostíbeis dos montes, fixar poboación no rural poñendo este en valor ademais de dotalo de servizos, des-eucaliptizar o monte e favorecer o bosque nativo, xunto con facer prevención e mantemento do mesmo, será o único xeito de mitigar ao mínimo que Galiza sega ardendo e de paso, loitar contra o quecemento do planeta.