Panóptico cibernético

O termo “panóptico” é expresión iniciada polo xurista J. Bentham como modelo arquitectónico para institucións como prisións, hospitais ou escolas. O deseño deste sistema é unha estrutura circular cunha torre de vixilancia central desde a cal un só garda pode observar a todos os internos sen ser visto. Representa unha técnica de poder e control, onde a visibilidade e a luz xogan un papel crucial, facilitando a observación íntima sen coñecemento da persoa vixiada en troque dos alxubes escuros. Ao estar sempre baixo a posibilidade de ser observados, os individuos fan propias de seu as normas e comportamentos procurados, polo que converte á prevención nun mecanismo de auto-regulación.


O concepto do “panóptico” foi logo revisado e ampliado polo filósofo Michel Foucault no seu libro “Vixiar e Castigar: Nacemento da Prisión”. Este intelectual francés utilizouno como unha metáfora para describir os cambios nas prácticas disciplinarias e o xurdimento da vixilancia moderna. Para el, isto exemplifica como o poder converteuse en algo máis sutil e penetrante nas sociedades modernas. Foucault argumenta que, no canto da violencia física e o castigo, as sociedades contemporáneas utilizan técnicas de atención e control para disciplinar aos seus membros. A arquitectura do “panóptico” convértese nunha metáfora para entender como as institucións modernas (prisións, escolas, fábricas, hospitais) organizan e disciplinan aos individuos. Agora a visibilidade e a vixilancia non só está limitada á prisión, senón que esténdense a toda a sociedade.


A evolución da tecnoloxía ampliou e transformou estas dinámicas, facendo da vixilancia unha característica omnipresente da vida moderna. Con todo, tamén expón importantes desafíos e debates sobre como protexer a privacidade, a autonomía e os dereitos humanos nun mundo cada vez máis vixiado. Co auxe da internet e as redes sociais, a vixilancia adoptou novas formas. As cámaras de seguridade, os teléfonos intelixentes e os algoritmos de redes sociais permiten unha vixilancia constante e ubicua. Empresas e gobernos poden facer análise estatístico e rexistrar as actividades dos individuos en liña, creando unha base de datos masiva de información persoal. 


Esta vixilancia social cuantitativa é unha extensión do “panóptico”, onde a visibilidade e o control lógranse a través da recolección e análise de datos. As cidades modernas están cheas de cámaras de circuíto pechado de televisión, que crean unha contorna de vixilancia constante. Os espazos públicos están baixo control e a cidadanía é consciente de que os seus movementos poden ser observados en calquera momento. Este tipo de seguimento busca previr delitos e manter a orde pública, pero tamén expón preguntas sobre o dereito básico á privacidade e á liberdade individual. Lembra a mensaxe de Orwell, en “1984”: o Irmán Maior está a observarte. É a cadea cibernética.

Panóptico cibernético

Te puede interesar

José A. Romero PSeguín
Xosé Castro Ratón
Silvia Salgado
José A. Romero PSeguín
Xosé Castro Ratón
Silvia Salgado