Peregrinos

O impulso que o Camiño Inglés ten co actual goberno socialista de Ferrol é evidente. Só hai que ver a necesidade que a Xunta de Galicia tivo de facerse unha foto e propuxo usar a Casa do Mar para transformala nun albergue de peregrinos, aínda que é ben certo que non queda exactamente na súa traza. E se a Administración autonómica é lenta, desta vez tamén tiña que implementar o concurso doutras institucións.

Case un ano despois, en pleno Xacobeo, danse conta de que están en branco e botan, como non, a culpa a outros. Neste caso ao Concello de Ferrol. A Delegada da Xunta Martina Aneiros, fronte a argumentos peregrinos, debera poñerlle as pilas á Xunta. Intentar xustificar o desleixo do goberno autonómico non só non axuda, senón que déixanos en “mal lugar” aos que considerábamos que o seu nomeamento era bo para a cidade. Canto apostan a que a Xunta repetirá esta mesma estratexia coa residencia de maiores?


Peregrinos

Te puede interesar