Punto e aparte

Apandemia que estamos a sufrir desde fai dous anos, deixounos varias cousas claras: Por un lado a inutilidade para facer fronte a calquera perigo por parte do sistema americano, un sistema que de xeito fatigoso, seus principais medios de propaganda como son as películas, non paran de salvarnos a todas. Máis a realidade que nos mostrou na súa xestión da Covid-19, é que son incapaces para salvarse ata eles mesmos, e por outro lado, como os voceiros na Terra dese ente que ninguén viu en toda a historia da humanidade, refírome a Dios, a Covid-19 tamén mostrounos, a pouca fe no señor do seus representantes, pola forma en que correron a vacinarse.

Como non podía ser de outro xeito, este que escrebe é ateo, é dicir, non cree en Dios nin en Bercebu, mais nesa idea que nos transmitiron de un Señor misericordiosos etcetera, un entende que é unha información totalmente falsa. Porque o principal problema dos crentes, é que non leen os libros de referencia do catolicismo, como son o antiguo testamento ou o novo testamento.

Se ns imos ao A.T, podemos ver como esas escrituras non mostran un Dios inseguro, con celotípias crónicas, un besta e déspota que non se corta en infrinxir dolor, ademais de non ter a mínima empatía cos demais, algo que nos confirma un alto grado de psicopatía. Porque no A.T, as probas as que somete aos seus fieis son terríbeis. Desde enoxarse porque o pobo fai ofrendas a deuses de outras tribus e mandarlles moreiras de maldicións bíblicas, ademais de pedirlles a exterminación deses pobos nun claro ataque de cornos, ata pedirlle a un dos seus crentes que queime nunha fogueira a sua filla, para ver se realmente le é fiel, tamén nunha demostración terríbel de inseguridade e xusto cando vai prenderlle lume, mándalle parar.

Vostede imaxínese a cara da nena e o que pensara esta para o resto da súa vida, ao ver que ía facer seu pai con ela. Isto demóstranos un Dios totalmente enfermizo, o que leva a preguntarnos, se algunha persoa normal, pode querer trato con un persoeiro deste calado.

A raza humana ten aproximadamente 250 mil anos e o Dios moderno ten aproximadamente 2000 anos, co cal, un se pregunta: onde estivo todo o tempo anterior cando a especie humana as pasou verdadeiramente mal? E, é lóxico que cando aparece, apareza descargando todo tipo de maldicións bíblicas para que suframos e asi cando nós morramos, nós perdoe e podamos entrar no reino dos ceos?. Alguén no seu san xuízo pode pensar, que isto é propio dun ser cando menos equilibrado.

Fagamos punto e aparte, metamos no máis profundo do caixón, esta parte tremendamente escura da humanidade, xa que, é indubidábel, que non necesitamos de ningún Dios, chame este como se chame, para levar unha vida en dignidade e acorde coas normas escritas e non escritas da sociedade.


Punto e aparte

Te puede interesar