O Circuíto Galego de Teatro Amador pechará con Damecuerdaqueteatro en Pontedeume

Unha compañía compostelá precedeu o sábado ao grupo local
O Circuíto Galego de Teatro Amador pechará con Damecuerdaqueteatro en Pontedeume
A compañía Teatro Carauta sobre o escenario do IES Breamo | DANIEL ALEXANDRE

“Moito ruído e poucas noces” foi o clásico de Shakespeare que interpretou o sábado Teatro Carauta, do barrio compostelán de San Pedro, no IES Breamo de Pontedeume. Esta obra precederá a “A besta da illa”, pola compañía local Damecuerdaqueteatro, o vindeiro sábado 16 ás 19.00 horas, co que se pon fin ao Circuíto Galego de Teatro Amador.

 

Este encontro está organizado pola Federación Galega de Teatro Amador -Fegatea-, que anualmente selecciona diversos municipios para realizar a proposta. No cartel da sede eumesa, as actuacións dirixíanse a todos os públicos a excepción da derradeira, que se enfoca nos adultos.

O Circuíto Galego de Teatro Amador pechará con Damecuerdaqueteatro en Pontedeume

Te puede interesar