Centroña rendirá unha homenaxe a Rosalía de Castro no parque de Vizús

O xoves, cadrando co festivo, os de Pontedeume vanlle rendir unha homenaxe á figura de Rosalía de Castro.
O acto está programado para as 18.00 horas no parque de Vizús, en Centroña, e o motivo é o descubrimento dunha placa a carón da figueira rosaliana plantada nese mesmo emplazamento, que conmemora a estadía da artista no lugar hai 160 anos.


Este evento, no que colaboran entidades do país, conta intervención de Diego Rodríguez, investigador, responsábel de Patrimonio e Cultura na Fundación Barrié, Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, e Bernándo Fernández, o actual edil eumés.

Centroña rendirá unha homenaxe a Rosalía de Castro no parque de Vizús

Te puede interesar