Dzine, o establecemento de hostelería que tamén realiza funcións de centro cultural en San Sadurniño, acolle unha conversa coa autora de “A culpa foi de Zënzar. 35 anos de rock en galego”, Laura Romero.
Esta integrante do grupo Zënzar, que xa ten actuado hai anos no local, estará acompañada doutros membros durante a presentación da obra, que foi organizada por Libraría Brétema. O encontro terá lugar mañá sábado, a partir das 17.00 horas, no particular espazo, que non só ofrece tomar algo, senón que tamén organiza actividades coma esta ou exposicións e foliadas, entre outras.