As reunións que propón o Foro Galego Literario na biblioteca municipal de Valdoviño están abertas a novos participantes. Trátase dun espazo de intercambio de experiencias lectoras entre veciños e veciñas de 16 anos en adiante.
Os encontros convócanse bimensualmente, comezando no mes de novembro, e estarán guiados polo profesor e escritor Antón Cortizas. Así mesmo, o proxecto posibilita aos participantes a oportunidade de compartir impresións cos autores das obras que se traten. As inscricións son de balde, e poden realizarse na Casa da Cultura ou na sede electrónica.