A mostra do XVIII Premio Jesús Núñez de Arte Gráfica inaugurouse este mércores na Casa da Cultura de Valdoviño. Esta selección recompila algunhas das mellores obras presentadas ao certame internacional, que na edición do ano pasado contou con 114 creacións presentadas.
Entre elas, gañou a peza “10 grados”, de Juan Carlos Escudero García, ademais de outorgar dous accésits a Mateusz Patrzyk de Oliveira, polo seu traballo “Painbody I”, e a Maite Pinto Zangróniz, por “Vero Over”. Os horarios de visita son, de luns a venres, de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas, como data límite até o 4 de novembro.