A Xunta inviste 134.000 euros en instalacións de Cabanas, Cerdido, Ares e Valdoviño

A Xunta inviste 134.000 euros en instalacións de Cabanas, Cerdido, Ares e Valdoviño
O pasado venres visitaron a Casa da Cultura e Valdoviño | Cedida

Cunha inversión de 133.686 euros, a Xunta colabora na mellora de infraestruturas públicas nos municipios de Cabanas, Cerdido, Ares e Valdoviño


A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou o venres 20 a Casa da Cultura de Valdoviño, acompañada do alcalde da localidade, Alberto González, e alí deu conta da resolución destas axudas da Dirección Xeral de Administración Local.


O Concello de Valdoviño acadou 27.689 euros para acometer obras de mellora da accesibilidade e reforma do auditorio da Casa da Cultura. 


Os traballos céntranse na reparación do escenario e a instalación dun elevador que permita o acceso ao mesmo e elimine as barreiras arquitectónicas que ata o momento impedían o libre acceso a esa zona do recinto.


Na área territorial de Ferrol concedéronse tres axudas. Ademais do Concello de Valdoviño resultaron beneficiarios os de Cabanas, que percibiu unha achega de 27.486 euros para a mellora e ampliación de parque infantís do municipio; o de Cerdido, que tamén investirá os 38.510 euros concedidos na mellora do parque infantil do Castro, e o de Ares, que acondicionará o parque Rosalía de Castro grazas a unha axuda de 40.000 euros. 

A Xunta inviste 134.000 euros en instalacións de Cabanas, Cerdido, Ares e Valdoviño

Te puede interesar