Os artistas participantes deciden por votación manter a celebración das Meninas en setembro

Os artistas participantes deciden por votación manter a celebración das Meninas en setembro
cartel promocional

As Meninas de Canino celebraranse os días 7 e 8 de setembro e non en xuño, como se anunciou, xa que os artistas que participarán nesta acción na rúa decidiron por votación manter as datas nas que se fixo nas tres edicións anteriores. O impulsor da iniciativa, Eduardo Hermida, prefería xuño para facelo coincidir co fin de curso e así sumar a colaboración dos colexios e someteuno a votación no Facebook. Tal e como informaba onte, preferiuse setembro, por un só voto, porque se adiviña mellor tempo.

As Meninas é unha acción artística na rúa, no barrio de Canido, que comezou en 2008 para chamar a atención sobre o seu estado de deterioro. Creadores de diferentes disciplinas acudiron á chamada de Hermida para plasmar nas fachadas e muros a súa particular interpretación do cadro de Velázquez. En tres anos acadouse unha gran repercusión nacional pero a iniciativa rematou. O seu impulsor quere recuperala en vista do interese dunha asociación francesa de incluíla dentro dunha ruta pictórica europea que optaría a un recoñecemento da Unesco. Hermida buscou infructuosamente o apoio do Concello e agora lanzouse a facelo pola súa conta, en vista do masivo apoio recibido nos últimos días.

 

esquerda unida

O grupo municipal de Esquerda Unida súmase ós apoios ás Meninas de Canido e reclama que o goberno local apoie oficialmente un evento reivindicativo e cultural “que sen dúbida callou na nosa cidadanía” e que “traspasou os nosos límites xeográficos”. Aseguran que “o solicitado é moi pouco fronte ós beneficios conseguidos”.

 

Os artistas participantes deciden por votación manter a celebración das Meninas en setembro

Te puede interesar