ILEGAL REGANOSA

Sería ben que algún día neste país só houbera unha lei que obrigara a todos por igual, á cidadanía e aos poderosos. Dígoo cando o Tribunal  Supremo (sentenza nº 695/2016), emite segunda sentenza firme, contra a instalación da planta de gas de Reganosa, anulando a autorización administrativa previa concedida polo goberno central, ao carecer a planta do deseño urbanístico axeitado. Xa no 2012, outra sentenza do Supremo anulara a modificación ad hoc do plan xeral que servira de base á concesión para a construción da planta; planta de gas que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, hai xa 12 anos, declarara ilegal por carecer da declaración de impacto ambiental. Só a complicidade entre o capital promotor de Reganosa e a subordinación das autoridades públicas – de Aznar a Fraga, pasando por Núñez Feijóo – explica que as sentenzas dos tribunais non teñan comportado a paralización e subseguinte desmantelamento dun negocio privado que pon en risco a vida e seguridade das persoas, cústanos caro e resulta innecesario.

ILEGAL REGANOSA

Te puede interesar