Navantia ou o futuro de Ferrolterra. Tiven a honra de defender esta semana no Congreso unha iniciativa, baseada nas demandas dos sindicatos de clase, demandando un plan industrial para Navantia. Cómpre retirar a esta empresa estratéxica do circo das mentiras electorais do PP, que custou só no emprego auxiliar 3.200 postos de traballo nesta terra (Feijóo achatarrou 55.000 empregos industriais) e dotala dun plan que conteña investimentos (caso do dique flotante para impulsar a área de reparacións), a renovación e ampliación de plantillas para poder acometer traballos, o impulso ás ordes de execución da F-110, unha política comercial de Estado para procurar carga de traballo estable, unha xestión descentralizada, un plan integral de formación que faga fincapé na seguridade e saúde laboral, ou a constitución dun polo de investigación e innovación coa participación do sistema universitario e o ministerio… e que Fene saia do veto tácito no que se atopa, que lle impide de facto facer barcos. odo o que non fixo nestes anos o PP.