visita ao I. L. e Literatura en La Habana para facer entrega, por encargo de X.M. Dobarro, do libro sobre Carvalho Calero “Hei de entrar no meu pobo”, evidencioume a oportunidade que nos brinda a súa personalidade. Equivócanse aqueles que ven nisto só un acto cultural e case tribal e ignoran o carácter internacional da súa figura. Tirar proveito de que nos están a mirar alén da Galiza, esixe do goberno de Ferrol asumir o protagonismo con decisión e en estreita colaboración coas asociacións. E fuxir desa imaxe de descoordenación, improvisación e certo baleiro na programación que se está proxectando a estas alturas do ano.
Por outro lado, a chamada do meu amigo Andrés Cernadas e a información de Eduardo Mera fixéronme coñecedor de que ainda están connosco persoas que foron alumnos de Carvalho Calero no Colexio Raparís ao seu regreso após de cumprir condea en Xaén. Seria bo recoller a lembranza que gardan do seu profesor.