Olibro, editado polo Club de prensa de Ferrol e coordenado por Bernardo Máiz, foi presentado no salón de actos de A Fundación. O acto deixou aspectos merecentes de comentario. No mesmo, María Victoria Carballo-Calero, filla de D. Ricardo, na súa intervención, alén de nos descubrir que a paixón de Carvalho era a poesía, apelou á concordia con aqueles que postergaron ao seu pai todos estes anos. Por outro lado, a presencia do Alcalde e do secretario xeral de Política Lingüística reflectiu o merecido respecto institucional á figura de Carvalho. E por último, a ausencia, que deixou un aquel de amargura, moi ben recollida polo profesor Bernardo Máiz ao final da súa intervención: “ É mágoa que hoxe, polo que aprecio, a Real Academia Galega non estea representada aquí”.
E, a pesar de todo, facemos nosas as palabras do Fillo Predilecto de Ferrol e Ilustre de Galiza: “Hai que esperar contra toda esperanza...”