O domingo pasado, nun ateigado Jofre tantas veces visitado por Carvalho Calero canda neno, a súa figura recibiu unha homenaxe. A voz de Andrea Picos Rodiles e o coro do IES ”Sofía Casanova”, dirixido por Almudena Armada, acompañados polos intérpretes Xil López, David Canoura, Alberto J. Fuentes, Pablo Vergara, Lucía Hermida e Juan Rodríguez Silvar conectaron o público co que acontecía no escenario. E a magnífica interpretación de Os Ghazafelhos tirou de todos nós (vellos, menos vellos e pícaros) o cómplice sorriso, a gargallada preñada de felicidade. Un outro elemento, a maxia, apoderándose do escenario, foi quen de que o Ricardo Carvalho neno brincara entre as pitas, un día calquera baixo a choiva na Cabana, a carón dos personaxes de “A gente da Barreira”.
Parabéns o presidente da Cnlca, Xil López, a editorial Embora, ao grupo Ghazafelhos por este traballo tan extraordinario e ao Concello de Ferrol pola súa colaboración.